ConcienciaT: Homosexualidade

Hoxe, en ConcienciaT traemos un caso de homosexualidade:

“Sempre pensei que había algo en min que non cuadraba, pero non sabía o que. O gran problema foi a falta de información e a falta de referentes transexuais na sociedade.

Crecín nunha casa na que os roles de xénero non estaban marcados, que fose home ou muller non importaba para elixir roupa, xoguetes, actividades nas que participar… por aquel entón non me importaba tanto, eu era un neno máis. O problema chegou coa pubertade, o corpo segue a bioloxía e empeza a desarrollarse según o sexo feminino que me tocou ó nacer. Tratei de non facerlle caso pero chegou un punto no que xa non podía máis, empecei a investigar e grazas a algunha serie e moitos vídeos de Youtube descubrín o que era a transexualidade e que efectivamente eu era un home trans. Nacín home pero non estaba a gusto co meu corpo. Aí comecei a aventura médica: despois de varias visitas e probas conseguín acceder ás hormonas, xa levo case dous anos en tratamento e estou moi contento, a miña mente calmouse e ve o que realmente quixonver sempre reflexado nun espello: un home por dentro e por fóra. Todo isto mellorou tamén o día que fixen
a mastectomía e puiden sacar o peito. 

Teño que dicir que menos a operación (a día de hoxe é posible pero con moita espera) foi a través da seguridade social. En Ourense cada vez somos máis personas trans na sanidade pública e estamos moi contentos contrato. Todavía queda moito polo que loitar e facerlle ver á sociedade que existimos e non somos bechos raros. Canta máis visibilidade e información, mellor para todos.”